Monoulious DOP 
Rock / Indie Rock
Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mesmos producen e que coa forza das redes sociáis pronto contan co apoio do público.
Este empuxe da xente é o que os incita a montar unha banda en clave de pop formada por Beny á batería e percusións electrónicas, Torroncho ó baixo, Carlos Gil nos teclados e sintetizadores, Carba e Pla ás guitarras e os propios Ula e Mon ás voces.
Despois de ofrecer un bo número de concertos pola xeografía galega
presentando a nova banda na primavera de 2017 sacan o seu primeiro disco, un dobre LP baixo o nome de “LP Padre” no que a banda saca a luz un bo puñado de temas novos e recupera algúns dos temas antigos que mellor aceptación do público tuveron.
En 2020 sacan o seu segundo disco, o "Black album" con 14 novos temas sen unha etiqueta estilística que fai que o grupo conserve a súa identidade transgresora sen casarse con ningún xenero musical.
No 2022 sacan o seu terceiro traballo de estudio “Disko Disko” composto por 12 temas onde adoptan un estilo musical máis urbano, sen perder a personalidade característica da banda.
Upcoming Festivals
No Festivals Found !
Monoulious DOP has no upcoming festivals for now