A banda da Loba

A banda da Loba ES

Pop / Folk & Traditional / Pop / Indie Pop / Galician Folk
Somos Andrea, Estela, Iria, Marcela e Xiana, A banda da Loba. Creamos o grupo no 2017 e en poucos anos xa nos convertimos nun dos grupos referentes da música galega grazas ao voso apoio, asaltando multitude de escenarios e vilas de todo o país. «Bailando as rúas», «Fábrica de luz», «Hasme oír» e », «Xabón Lagarta» os catro traballos discográficos que temos publicados. En xaneiro de 2025 presentamos “Lovismo” , unha homenaxe ao amor nas súas múltiples formas de expresión: o desexo, as relacións, a maternidade, o amor propio, a sororidade, o amor polo noso... Un disco onde confluirán diferentes estilos, desde a bachata ata o pop pasando pola música disco e os arrolos de berce. Un dos nosos obxectivos principais sempre foi vencellar a nosa música á poesía que se fai no país para, como dicía Xela, sacala dos sillóns dos lectores e das lectoras e conquistar novos espazos. Todo isto, envolvéndoa en melodías “pegañentas” cun estilo musical heteroxéneo, co que din que conseguimos crear unha sonoridade propia. E se a nosa música é heteroxénea, tamén o son as nosas mensaxes. Considerámonos mulleres comprometidas coa nosa cultura e a nosa lingua, así como con diferentes causas sociais. Por iso, as nosas cancións falan de diversidade, de memoria histórica, de lingua, de feminismo, de liberdade, de ecoloxismo… en definitiva, de todo o que nos converte en quen somos.
deezer
facebook
instagram
spotify
youtube

Upcoming Festivals

No Festivals Found !

A banda da Loba has no upcoming festivals for now

Explore More